Imserso
Instituto de Mayores y Servicios Sociales
A participación no Programa de Termalismo require unha valoración previa das solicitudes, de acordo coas seguintes variábeis:
Valórase o grao de necesidade do tratamento termal, así como se se precisa un ou dous dos tratamentos ofrecidos, en base á declaración responsábel entregada pola persoa solicitante.
A puntuación estimada para esta variábel é de 30 puntos, distribuídos de acordo cos seguintes criterios:
En caso de matrimonio, valóranse separadamente os dous cónxuxes e a puntuación final será aquela maior das dúas obtidas.
Valóranse os ingresos mensuais do solicitante e, no seu caso, do seu cónxuxe. Daquela sumaranse os dous ingresos e dividiranse por 1,33.
A puntuación máxima será de 50 puntos e farase de acordo cuns tramos de ingresos estipulados.
Valórase a idade do solicitante, obtendo un punto por cada ano que teña máis de 60 (a referencia é 31 de decembro do ano anterior ao Programa). O máximo será de 10 puntos; en caso de matrimonio, calcularase a media aritmética.
Para obter praza valórase tela solicitado ou non nos dous anos anteriores e non gozar do Programa no último ou penúltimo ano. A puntuación máxima será de 24 puntos.
Valorarase se o solicitante é membro dunha familia numerosa e a súa categoría. A puntuación máxima desta variábel será de 24 puntos.
Poderanse valorar outras circunstancias excepcionais do solicitante non tomadas en consideración nas outras seccións do baremo. A puntuación máxima desta variábel será de 10 puntos.
Se, após ser valoradas todas as solicitudes, existisen algunhas con igual puntuación, atenderase á data de nacemento do solicitante. No caso de dous solicitantes desexaren acudir xuntos, valoraranse, en principio, separadamente e despois farase a media aritmética das súas puntuacións.
Cando se produza unha dupla solicitude para a segunda fase do Programa, non se aplicará o Baremo e ficará na Lista de Espera. Para estabelecer a orde de prelación destes expedientes considerarase exclusivamente a variábel “grao de necesidade de recibir o tratamento termal”.
Hai, á disposición dos/as solicitantes, un teléfono de atención e información, o 901 10 98 99, cuxo horario de atención se estende de luns a venres das 9 ás 21 horas e os sábados das 9 ás 14 horas.
A través do seguinte formulario de contacto, pode solicitarnos información ou facernos as súas consultas.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite.