Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Imserso Instituto de Mayores y Servicios Sociales

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

Está en:  Inicio  >  Envellecemento activo  >  Termalismo  > Requisitos

Requisitos

A través do Programa de Termalismo Social, o Estado español proporciona aos/ás pensionistas, que por prescrición facultativa precisen os tratamentos prestados nos balnearios e que reúnan determinados requisitos, o acceso a prezos reducidos a estes estabelecementos.

O Programa está organizado e financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, que anualmente concerta con estabelecementos termais a reserva de prazas en balnearios para a estadía e o tratamento das persoas utilizadoras do Programa.

Poden ser beneficiarios/as dunha das prazas do Programa de Termalismo Social os/as cidadáns/as españois/as e nacionais doutros países, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser pensionista do Sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria teña os sesenta anos de idade. Ademais, poderán ser beneficiarios/as das prazas os/as españois/as residentes no exterior, desde que perciban unha pensión pública e teñan máis de 60 anos de idade e cumpran o resto de requisitos.
  • Non padecer transtornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos estabelecementos, nin doenza infecto-contaxiosa.
  • Poder valerse por si.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Realizar, no termo indicado na convocatoria de prazas, a solicitude e alcanzar o expediente, conforme o baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
  • A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu cónxuxe ou da persoa con que conviva en relación de parella, para a cal non se esixe a obriga de percibir pensión ningunha da Seguridade Social.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite.